Toda la documentación que encontrarás en Oposinet la puedes tener en tu ordenador en formato word. De esta forma podrás modificarla y trabajar con ella con más comodidad.


Ponte en contacto con nosotros a la dirección y te la enviaremos. A cambio te pedimos que compartas tu información, enviándonos documentos interesantes para la preparación de estas oposiciones: temas, programaciones didácticas, exámenes... Es imprescindible que estos documentos no posean derechos de autor, que no existan ya en la web y que sean realmente interesantes para la preparación de las oposiciones.


Otra opción para conseguir los documentos en formato word es realizar un pago de 19,5 euros, con la cual mantendremos esta web y compraremos nuevos materiales para ponerlos al alcance del resto de la comunidad. Importante: con el pago te proporcionaremos TODOS los documentos que hayamos publicado de una de las especialidades de oposiciones. Los documentos publicados en formato pdf no te los proporcionamos en formato Word sino en pdf.




Programación Didáctica – Educación Primaria Segundo Ciclo – Galicia

1. JUSTIFICACIÓN …………………………………………………………………………………..2

2. CONTEXTUALIZACIÓN …………………………………………………………………………3

2.1. Centro ………………………………………………………………………………………….3

2.2. Características socioeconómicas e culturais do entorno e das familias.4

2.3. Alumnado …………………………………………………………………………………….5

3. OBXECTIVOS ………………………………………………………………………………………7

3.1. Obxectivos xerales de etapa ………………………………………………………….7

3.2. Obxectivos xerales de área ……………………………………………………………9

3.3. Obxectivos da programación …………………………………………………………11

4. CONTIDOS …………………………………………………………………………………………11

5. TEMAS TRANSVERSAIS ……………………………………………………………………..13

6. METODOLOXÍA …………………………………………………………………………………..14

6.1. Principios metodolóxicos ………………………………………………………………14

6.2. Organización do tempo ………………………………………………………………..15

6.3. Organización do espacio ………………………………………………………………16

6.4. Actividades …………………………………………………………………………………17

7. RECURSOS ……………………………………………………………………………………….18

7.1. Recursos materiais ……………………………………………………………………..18

7.2. Recursos persoais ………………………………………………………………………18

8. NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ………………………..19

9. UNIDADES DIDÁCTICAS …………………………………………………………………….21

10. AVALIACIÓN …………………………………………………………………………………….53

11. BIBLIOGRAFÍA ………………………………………………………………………………….58

1. XUSTIFICACIÓN

A programación didáctica e una forma de organización composta por un conjunto de estrategias e actividades de enseñanza- aprendizajeaprendizaxe que cada mestre fai para o seu grupo de nenos e nenas, e que se organiza en unidades didácticas. É necesaria porque:

– Axuda a eliminar o azar e a improvisación.

– Fai que reflexionemos sobre a secuenciación e temporalización.

– Sistematiza e ordena o esforzo conxunto realizado polo equipo docente.

– Permite adapta-lo traballo pedagóxico ás características culturais e ambientais do entorno.

– Permite adapta-lo traballo pedagóxico ás características individuais dos nosos alumnos e alummnas.

A programación de aula constitúe o tercero nivel de concreción curricular e debe realizarse tendo en conta o primero e segundo nivel de concreción curricular. Estos niveis son:

1º) O Deseño Curricular Base (DBC), elaborado pola Xunta de Galicia, no que se reflexan as intencións educativas e os principios pedagóxicos.

2º) O Proxecto Curricular do Centro (PCC), que é un documento que recolle o conxunto de decisión do equipo educativo do centro, que concretan no DCB e o adaptan ás características do centro e do entorno.

O PCC incluyese dentro do Proxecto Educativo do Centro (PEC), que é un documento de planificación que dota o centro de identidade e personalidade. As principais señas de identidade do PEC do meu centro son, o fomento da cultura popular, a atención á diversidade, a coeducación, a participación e colaboración coas familias, o coidado do medio ambiente, a potenciación de valores como a solidaridade, a amizade, a paz, o respeto, o pluralismo, etc.

3º) A miña programación de aula, para o ano escolar 2008/09, é un instrumento flexible, e garda relación tácita coa normativa que posibilita a súa elaboración.

4º) As adaptacións curriculares, que son as medidas de atención ás posibilidades e necesidades de cada un dos meus alumnos, permitiránme adapta-lo currículo ás posibilidades e características reales e concretas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

2.1 CENTRO

O meu centro de Educación Primaria (CEIP) sitúase na localidade de Tui, unha cidade de 16.000 habitantes aproximadamente, na zona sur da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño e fai fronteira con Portugal. Da que está separada físicamente polo Río Miño, que forma parte da cultura da rexión.

O centro escolariza 412 alumnos e alumnas, é de línea 2 e consta de dous edificios independentes, un con 6 unidades para Educación Infantil (E.I) e outro con 12 unidades para Educación Primaria ( E.P). Dispón de xornada partida e servicio de comedor.

As súas instalacións están dacordo co establecido no Real Decreto 1537/2003 do 5 de Decembro no que se establecen os requisitos mínimos, e son entre outros, a bliblioteca, a sala de usos múltiples, a aula de informática, a aula de música, os aseos, o salón de actos, a sala de profesores, os despachos de dirección, xefe de estudos e secretario, o ximnasio e o patio de xogos, independentes para cada etapa.

A formación dos órganos unipersoais de goberno, os órganos colexiados e os órganos de coordinación docente responden o Decreto 374/1996 do 17 de Outubro e a Orden do 22 de Xullo de 1997.

O equipo educativo está formado por:

– 6 titores de E.I. e 12 titores de E.P.

– 2 mestres de Educación Física (E.F) que imparten psicomotricidade en E.I.

– 2 mestras de Inglés para E.P. y E.I

– 1 mestra de Música para E.P.

– 1 mestre de Relixión.

– 1 especialista en Pedagoxía Terapéutica.

– 1 especialista en Audición e Linguaxe.

– 1 mestre de apoio á etapa de E.P., tendo en conta o establecido nas instruccións do comezo do curso 2009/2010.

2.2. CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS E CULTURAIS DO ENTORNO E DAS FAMILIAS

O meu centro está ubicado dentro do casco urbán e ten moi próximos o pabellón polideportivo e outros servicios sociais como o Conservatorio Municipal, a Biblioteca Municipal e o Teatro da Área Panorámica, entidades moi activas na cultura de Tui e que manteñen lazos estreitos cos centros para o seu fomento e son de grande interese para nenos e nenas destas idades.

As familias pertencen, polo xeral, o casco urbán e contan cun nivel socioeconómico medio-alto. A primeira lingua das familias é o castelán, aínda que existe unha porcentaxe importante de familias que teñen o galego coma lingua materna. Debo sinalar, tamén, que estes últimos anos incrementou o número de familias emigrantes, que proceden, na súa maioría, de países de América latina e descoñecen o galego.

2.3. ALUMNADO

O meu grupo de nenos e nenas pertencen o 2º ciclo de E.P., de 10 anos de idade. Está formado por 20 alumnos/as, 11 nenas e 9 nenos, respetando a ratio establecida no R.D. 1537/2003 e na Orden do 6 de Maio de 1992. A lingua materna predominante no meu grupo de nenos/as é o castelán e tendo en conta o D. 274/1995, do 14 de Setembro, empregaremos esta lingua como vehicular e coidaremos que vaian adquirindo o coñecemento do galego. Entre os meus alumnos, un neno presenta necesidades específicas de apoio educativo por un trastorno por déficit de atención con hiperactividad.

As características psicoeducativas dos nenos e nenas nesta idade están, según Piaget, no estadio de operacións concretas (7-12anos), o cal caracterízase porque aparece o pensamento lóxico. O principio razóase lóxicamente só sobre contidos sinxelos, pero pouco a pouco a lóxica imponse sobre todas aquelas situacións que se poden someter a verificación empírica.

Nesta idade, culmínase o aprendizaxe sistemático da lectura, escritura e cálculo. O neno ten a capacidade de asimilar e memorizar con facilidade, e é capaz de cocentrarse intensamente aínda que non por moito tempo. Caben salientar unha serie de aptitudes refrentes nesta idade:

Autocoñecemento: diminúe a exuberancia imaxinativa e faise máis realista. É unha idade máis ben introvertida.

Sociabilidade: etapa esencial para a sociabilidade, xa que dase no neno unha adaptación casi perfecta que botaremos de menos nas próximas fases.

Afectividade e sexualidade: a vida familiar síguelle a satisfacer tanto como a colexial, en xeral é moi servicial. Afectividade extrema cara os demáis. Varían moito os seus estados de ánimo, polo que se lle pasan rápidamente os disgustos. Sinte curiosidade sexual e fácilmente poden influir nel, no sentido negativo, os nenos e nenas de máis idade. Xeralmente fai preguntas directas e sen previo aviso sobre conductas eróticas-sexuales según o que observa.

Inserción social: importancia vital do ambiente escolar, porque o colexio e quen mellor lle axuda a asimilar, interiorizar e facer seu o mundo que o rodea, así como a descubrir o entramado da vida social. Vai desenrolando o sentido de autoridade, colaboración, solidaridade, responsabilidade. Percibe cada vez un mundo máis amplo. Visita outros lugares da cidade, outras cidades, rexións, e países que lle abren o mundo, pero o percibe como realidades aisladas, sen buscar explicacións ou sínteses.

En resumen esta idade é tranquila e feliz, apta para educar o neno/nena según o molde que dexesen os pais e mestres, de aquí a súa responsabilidade.

3. OBXECTIVOS

Os obxetivos fan referencia as habilidades e capacidades que os nosos alumnos/as deben desenrolar e constitúen unha guía para planificar a aprendizaxe. A través dos obxectivos os nenos/as desenrolan as suas capacidades físicas, cognitivas, sociales, afectivas e morales. Estos concretanse en: obxetivos xenerales de etapa e de área, e en obxetivos da programación.

3.1. OBXECTIVOS XERALES DE ETAPA

– Coñecer e aprecia-lo propio corpo e contribuír o seu desenvolvemento, adoptando hábitos de saúde e benestar valorando as repercusións de determinadas conductas sobre a saúde e a calidade de vida.

– Actuar e desenvolverse con autonomía nas súas actividades habituais e nas relacións cos grupos ós que pertencen (familia, escola, grupo de iguais, barrio ou vila), recoñecendo as súas propias posibilidades e limitacións e desenrolando un axeitado nivel de auto confianza e autoestima.

– Colaborar na planificación e na realización de actividades gupais, aceptando os seus obxectivos e intereses cos dos outros membros do gupo, respetando puntos de vista distintos do propio e asumido as responsabilidades que lle corresponden.

– Establecer relacións equilibradas e constructivas coas persoas que interactúa en situacións socias coñecidas, comportándose de maneira solidaria e reseñando discriminacións baseadas en diferencias de sexo, clase social, crenzas, razas e outras características individuais e socias.

– Aprecia-la importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con elas.

– Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do entorno natural e social, valorando a interacción entre ambos, como elemento que inflúe na calidade de vida e contribuír activamente, na medida das súas posibilidades, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.

– Coñecer, apreciar e disfruta-lo patrimonio cultural, participando na súa conservación e mellora e respetando a diversidade lingüística e cultural co dereito dos pobos e individuos á súa identidade e respeto cara ó ejercicio deste dereito.

– Comprender e producir mensaxes orais e escritas en galego e en castelán, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así como comprender e producir mensaxes orais e escritas sinxelas e contextualizadas nunha lengua estranxeira.

– Comunicarse utilizando medios de expresión verbal, matemática, corporal, visual, plástica e musical, desenvolvendo a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para disfrutar das obras e manifestacións artísticas.

– Identificar e formular interrogantes e problemas a partir da súa experiencia diaria, utilizando tanto os seus coñecementos e os recursos materias ó seu alcanze como a colaboración ou axuda doutras persoas para resolvelos de forma creativa e autónoma.

– Levar a cabo tarefas e actividades tendendo a evita-la aceptación irreflexiva das informacións e opinións que se lle trasmiten na escola ou fóra dela, aplicando criterios propios e razoados e valorando o esforzo e resposabilidade na súa realización.

– Utilizar nun contexto de resolución de problemas, os procedementos para obte-la información pertinente, seleccionala, organizala, representala mediante códigos e tomar decisións, así como levalas a cabo anticipando e planificando as condicións materiais e temporais para a súa realización.

3.2. OBXECTIVOS XERALES DE ÁREA

– Desenvolver mecanismos de sensibilidade estética e a creación artísticas para promover a percepción e a expresión de ideas, emocións, sentimentos e vivencias.

– Formar progresivamente o sentido estético persoal como recurso para apreciar e valorar elementos constitutivos das artes e obras verdadeiramente artísticas; desenvolver o xuízo crítico e o posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e ás autoras e autores.

– Indagar nas posibilidades do son, da imaxe e do movemento como elementos de representación e de comunicación e utilizalas para expresar ideas e sentimentos, contribuíndo con iso ao equilibrio afectivo e á relación coas demais persoas.

– Explorar e coñecer materiais e insrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos co fíns expresivos e comunicativos.

– Aplicar os coñecementos artísticos na observación e na análise de situacións e de obxectos da realidade cotiá e de diferentes manifestacións do mundo da arte e da cultura para comprendelos mellor e formar un gusto propio.

– Manter una actitude de busca persoal e coleciva, articulando a percepción, a imaxinación, a indagación e a sensibilidade e reflexionando á hora de realizar e disfrutar de diferentes producción artísticas.

– Recoñecer que as divesa anifestacións de ate e da cultura son fonte de coñecemento, foron realizadas por homes e por mulleres e reflicten a súa experiencia e percepción da vida.

– Coñecer algunhas das posibilidades dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación en que interveñen a imaxe e o son, e empregalas como recursos para a observación, para a busca de información e para a elaboración de producións propias, xa sexa de forma autónoma ou en combinación con outros medios e materiais.

– Valorar e compartir manifestacións artísticas do patrimonio cultural galego apreciando a súa riqueza e diversidade e comprometéndose na súa defensa, conservación e difusión.

– Coñecer e valorar diferentes manifestacións artísticas do patrimonio cultural doutros pobos, colaborando na conservación e renovación das formas de expresión locais e nacionais e estimando o enriquecemento que supón o intercambio con persoas de diferentes culturas que comparten un mesmo contorno.

– Desenvolver unha relación de autoconfianza coa produción artística persoal, respectando as creacións propias e as das outras persoas, cunha actitude de interese e de admiración polo distinto e/ou novo, sabendo recibir e expresar críticas e opinións, e utilizándoas como recurso para a mellora.

– Participar activamente en producións artísticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir un producto final o máis satisfactorio posible.

– Coñecer algunhas das profesións dos ámbitos artísticos, interesándose polas características do traballo das artistas e dos artistas e disfrutando como público na observación e recreación das súas propias producións.

– Valorar no contorno próximo as intervencións artísticas das que cumpriría dispor, co fin de crear espazos esteticamente agradables que contribúan a mellorar a calidade de vida.

3.3. OBXECTIVOS DA PROGRAMACIÓN

– Aprendizaxe dos elementos básicos da linguaxe musical.

– Desenro-la creatividade, improvisación e coordinación de movementos e xestos.

– Valorar o propio corpo como instrumento de expresión e comunicación.

– Realizar producción artísticas de xeito cooperativo que supoñan papeis diferentes e complementarios para un fin común.

– Interpretar esquemas rítmicos e melódicos.

– Coñece-la nosa cultura musical e as foráneas.

– Comezar o manexo da frauta doce.

– Coñecer os instrumentos da orquestra.

4. CONTIDOS

Os contidos son o instrumento que permite o alumnado desenrolar as capacidades recollidas nos obxetivos xerais de etapa e área.

Son elementos da experiencia dos nenos e nenas que foron seleccionados pola súa eficacia e utilidade no proceso de socialización, xa que contribúen a asimilar os saberes sociais e o patrimonio cultural.

Os contidos recollidos no Decreto 130/2007 do 28 de xuño, establecen que a partir de dous grandes ámbitos (música e plástica) e dous eixos en que se articula a área (percepción e expesión) distribúense os contidos en catro bloques que son un referente para que os equipos docentes dos centros decidan cómo distribuilos posteriormente no seu proxecto curricular de etapa. Os contidos poden ser de tres tipos:

1º) Contidos conceptuais: “o que teñen que saber”, poden ser conceptos, principios ou feitos.

Conceptos, son o conxunto de obxetos feitos ou símbolos que teñen certas característica en común. Feitos, son elementos definidos por relacións máis ou menos ordeadas de acordo a tales atributos. Principios, son enunciados que describen como os cambios que se producen nun obxeto ou unha situación se relacionan cos cambios que se producen no obxeto ou relación.

2º) Contidos procedimentais: “o que o alumno ten que saber facer”, constitúen un conxunto ordeado de accións dirixidas a consecución dunha meta.

3º) Contidos actitudinais: “saber ser”, inclúen actividades, valores e normas. Son principios que se integran no coñecemento, orientan a vida e configuran a personalidade.

5. TEMAS TRANSVERSAIS

Ante a problemática social dos nosos días, en canto a temas de violencia, dependencias múltiples, discriminación e desigualdades sociais, engádense uns valores que se denominan elementos comúns do currículo, que o atravesan vertical e horizontalmente.

Enunciamos neste apartado un obxectivo de traballo, globalizado desde as actividades musicais en cada un dos contidos:

– Educación moral e cívica: respeta-las normas de grupo nas actividades musicais, vocais, instrumentais e de movemento, respetando cualquer aportación individual.

– Educación para a paz: colaborar activamente, respetando a tódolos alumnos (atención á diversidade), fomentando o diálogo na organización de eventos especiais.

– Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos: actividades musicais cun ambente de igualdade entre sexos, tanto na práctica instrumental (maior tendencia dos varóns) e nas coreografías e no canto ( de maior tendendencia nas nenas).

– Educación para a saúde: presente en actividades de índole vocal, corporal e instrumental ( frauta e práctica de placas), na que destacaremos o coidado da voz, a súa hixiene e a postura corporal.

– Educación ambiental: diferenciar cos alumnos de primaria as paisaxes sonoras rurais, urbáns, campestres, como medio de valoración do silencio.

– Educación del consumidor: desenrolar no alumno de primaria unha actitude crítica frente á selección das produccións musicais comerciais e frente ós medios de comunicación, fundamentalmente ante o fenómeno da orientación pasiva da televisión para a educación infantil.

– Educación vial: comprende-la importancia do son na creación de sinais viais acústicos (claxon e sereas).

6. METODOLOXÍA

6.1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

Os principios de actuación para un mellor desenvolvemento das capacidades expresivas e perceptivas dos alumnos de primaria son:

– A actividade, ao ser a música unha materia xeralmente procedimental, o método base será a interiorización dos conceptos, destrezas e actitudes a partir do facer, manipular e experimentar cos diversos elementos e aspectos da música.

– A conxunción da práctica e da teoría, como entidades que deben complementarse en relación a que as aprendizaxes queden consolidadas a nivel cognitivo, psicomotor, lingüístico e artístico propiciando a intervención crítica dos discentes no proceso de ensino-aprendizaxe e a autoavaliación.

– Atención individualizada , como marco de axuda académica, persoal, e afectiva aos problemas que poidan xurdir no decorrer do curso.

– A creatividade, como recurso para desenvolver a autoestima persoal, a aprendizaxe autónoma e a experimentación libre e o xogo cos elementos musicais e a aficción que é o que fai músicos e persoas sensibles ao feito artístico.

– A socialización, a partir do desenvolvemento das actividades en grupo, do desenvolvemento das actitudes de axuda e solidariedade a partir do apoio duns alumnos a outros e do contacto coa cultura e o entorno exterior a través das audicións, a asistencia a concertos, a estudios de grabación, etc.

– A globalización, como tratamento conxunto dos bloques de contidos nas unidades didácticas.

– A interdisciplinaridade, aproveitar os puntos de conexión entre os distintas áreas do currículum para crear unha aprendizaxe vinculada e íntegra que sexa chave para a adquisición de novas aprendizaxes na secundaria. Este principio ten unha importancia vital ao ser o entendemento do neno da realidade, como conxunto e non como unha secuencia analítica de procesos.

– Os temas transversais, a través da letra das cancións poden tratar esta serie de temas de primordial importancia para o desenvolvemento social e persoal.

6.2. ORGANIZACIÓN DO TEMPO

A lexislación vixente outórgalle tres horas semanais ás materias englobadas dentro da Área de Educación Artística: plástica e música. Comunmente, unha hora para música e unha hora para plástica. A organización da miña clase de música repartireina do seguinte modo:

Nos 50’ dos que consta a sesión dedicaremos 5’ para trasladar ao grupo da aula titorial á aula reservada para a educación musical.

Nos 5-10’ seguintes realizaremos unha actividade de introdución e/ou motivación como cantar unha mesma canción do repertorio escolar durante unha tempada ( un mes aprox.), realizaremos secuencias rítmicas en eco sobre un modelo feito por min. É dicir captarei a atención dos nenos e os sumerxirei na fantasía do mundo dos sons. Se na sesión que segue vou abordar unha nova unidade didáctica este tempo o dedicarei a que coñezan os coñecementos previos que posúen.

Os 35 – 40’ seguintes realizaremos as actividades de desenvolvemento da unidade temática presente, as actividades serán variadas en canto a súa tipoloxía e non durarán cada unha destas máis de 10’ para non cansar a feble capacidade de atención e concentración dos alumnos destas idades.

Dado que a materia de música só contén unha hora semanal dedicarei os últimos 5 – 10’ a actividades de repaso onde se afiancen e consoliden aspectos tratados en sesións anteriores.

Evidentemente a distribución temporal será flexible a favor de calquera causa como a preparación dun festival ou a asistencia a un acto relacionado co feito artístico fóra do centro escolar.

6.3. ORGANIZACIÓN DO ESPACIO

Unha organización do espacio adecuada permite establecer una relación máis directa e cercana cos nenos e nenas. Para una correcta distribución dos espacios e os materiais terei en conta o seguinte: facilitar o orden, o traballo individual e colectivo, tanto do pequeño grupo como do gran grupo, favorecer o xogo e as posibilidades de movemento e compaxinar actividades tranquilas con outras que impliquen mayor actividade.

É necesario planificar e organizar os espacios con anterioridade e analizar frecuentemente a súa utilización para introducir as modificacións que considere necesarias.

No tocante a miña aula de música, considero que esta deberá presenar una serie de cualidades como, estar ben iluminada natural e artificialmente e que o mobiliario sexa versátil e móbil.

No que se refire á distribución do mobiliario hai que destacar que a práctica das diversas actividades supón unha variación do espazo- clase, polo que habilitarei un espazo libre que permita o desenvolvemento de xogos , movemento e danza.

Estes elementos do mobiliario son: un encerado pautado amplo, paneis de cortiza para expoñer as actividades musicais, un armario onde gardar e ordenar os instrumentos (a tarefa de repartir, ordenar e gardar os instrumentos e accesorios estará comandada polos alumnos, establecéndose unha orde rotatoria de dous por sesión a principio do curso).

6.4. ACTIVIDADES

Algunhas das actividades a través das cales vou a traballar os obxectivos e contidos, aparecen recollidas nas miñas unidades didácticas, e son entre outras.

– Realización de cancións.

– Bailes.

– Tocar.

– Audicións.

– Recoñecemento e uso de diferentes instrumentos.

– Recoñecemento de diferentes ritmos a través da percusión corporal.

– Realización de tarefas referentes á linguaxe musical.

– Participación en festivais.

– Descubrir as culturas que lles rodean a través do emprego de instrumentos e audicións.

7. RECURSOS

Os recursos didácticos son os medios ( materiais, humanos e organizativos) que se empregan para planificar e desenrolar as actividades, podemos clasificalos en recursos materiais e recursos persoais.

7.1. RECURSOS MATERIAIS

Equipamento: armarios e estantes para gardar o material, mesas, sillas, un percheiro, pizarra, etc.

Materiais didácticos: instrumentos de lámina, instrumentos de percusión, instrumentos de vento ( frauta doce ), unha radio e discografía variada.

7.2. RECURSOS PERSOAIS

Profesorado: ademáis de min, como mestra de música, interveñen outros profesionais, como a titora da aula, o equipo educativo da etapa, os especialistas do equipo de orientación, que nos asesoran no traballo co alumno con necesidades educativas específicas de apoio educativo

A cooperación: entre iguais, e con alumnos de outras idades.

A colaboración cas familias: resulta fundamental para establecer unha boa relación entre familia- escola e moi positiva para o desenrolo e a educación dos nenos e nenas. Os cauces principales polos que os país poden participar son:

– Reunións xerales e grupales.

– Entrevistas individuais.

– Na participación de festas e celebracións ( nadal, carnaval, etc.).

– Na participación das saídas.

– A través do AMPA, do Consello Escolar e as comisión.

– Participación dende casa, onde teñan que colaborar cos nenos e nenas na elaboración dalguhna tarefa ou aportar o material que solicitemos.

– Outras actividades que poidan xurdir para o desenrolo das Unidades Didácticas.

8. NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A programación de aula debe dar unha resposta adecuada ás necesidades educativas de todo o grupo- aula. Para isto, realizaránse unha serie de axustes ou modificacións de xeito que cada alumno/a poida conseguir os obxetivos propostos participando na dinámica xeral da aula.

A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de Maio, de Educación, determina no seu artículo 71, que os nenos e nenas pertencentes o grupo con necesidades específicas de apoio educativo son aqueles que requiren una atención educativa diferente a ordinaria, e estos poden presentar:

– Necesidades educativas especiais, que integra o alumnado que require determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da discapacidade ou trastornos graves de conducta.

– Dificultades específicas de aprendizaxe.

– Altas capacidades intelectuais.

– Incorporación tardía o sistema educativo.

– Condicións personáis ou de historia escolar.

En definitiva, con respeto a atención a diversidade, inclúese a todo o alumnado, xa que cada neno e nena manifesta unhas características personáis co fan diferente dos demais.

Na miña aula de Educación Primaria debo contemplar todas as medidas posibles para atender esta diversidade, que inclúen dende as medidas máis ordinarias, como o esforzo educativo, uso de materiais complementarios de reforzo e ampliación, diversificación de tarefas, modificación dos grupos de traballo, etc., ás máis extraordinarias como o plan de acción tutorial e o de orientación.

Estas medidas están en consoancia co plan de atención a diversidade elaborado no PEC e no PCC, onde se reflexiona o que, o como, e o cando ensinar e evaluar os nosos alumnos e alumnas.

A partires deste plan, elaboro modificacións necesarias na miña programación para adaptalas as condicións concretas dos meus alumnos e alumnas. Para iso, conto coa colaboración e axuda do Departamento de Orientación e dos especialistas que imparten clase cos meus alumnos/as.

No meu grupo de alumnos, existe un neno que presenta un trastorno por déficit de atención con hiperactividad e caracterízase por:

– está constantemente en movimiento, corre salta e o toca todo,

– cóstalle seguir as directrices que se lle marcan,

– experimenta dificultades para participar nas actividades sedentarias do grupo,

– con frecuencia ten dificultades para xogar,

– a menudo fala en exceso,

– ten dificultades para gardar turno e interrumpe frecuentemente,

– inmiscúese nas actividades dos outros,

– ten cambios de estado de ánimo repentinos.

Algunhas das miñas medidas que adoptarei con este alumno son:

– ambiente organizado, tranquilo e confortable,

– motivalo para que remate as tarefas empezadas e felicitalo cando o faga,

– realizar actividades de grupo e encomendarlle pequenas responsabilidades,

– encargarlle tarefas de fácil resolución,

– separalo dos lugares que poidan distraelo,

– revisarlle frecuentemente o traballo para alientalo, etc.

9. UNIDADES DIDÁCTICAS

UNIDADE DIDÁCTICA 1 : A VOLTA O COLE

A volta o cole require que recorden e aprendan algunas das técnicas musicais xa aprendidas nos anteriores cursos.

TEMPORALIZACIÓN:

3 sesións, do 11 de setembro o 1 de outubro.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Constatar o grado de implicación actitudinal que mostran os nenos cara o fenómeno musical, centrándonos no afianzamento da linguaxe musical, como base para o desenvolvemento óptimo doutros aspectos da educación musical, rítmica, técnica instrumental e vocal e audición comprensiva.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Desenrola-la creatividade, improvisación e coordinación de movimentos e xestos nas cancións.

– Interpretar esquemas rítmicos e melódicos propostos.

– Vincular un feito dramático a un feito musical utilizando diferentes recursos para combinar estos campos.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción: letra e dramatización.

– Cancións con xestos corporais adicionais.

– As intencións expresivas e comunicativas da acción de cantar e do corpo.

– Espazo e tempo de relación: orientación, traxectoria, pulso interior e externo, ritmo e duración e matices.

– Ecos, xogos rítmicos e de movemento asociado.

– Música descriptiva.

– Polirritmias.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Interpretación de cancións con fins discriminativos dos parámetros do son: altura, velocidade e intensidade.

– Improvisación de motivos, frases e pequenas formas rítmicas.

– Utilización da pulsación rítmica e esquema rítmico como elemento xerador do

movemento.

– Interpretación de esquemas rítmicos a través das posibilidades sonoras do corpo.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Disposición positiva para a aprendizaxe da linguaxe musical como forma de expresión e comunicación.

– Autonomía e confianza nas propias habilidades motrices.

– Valoración do propio corpo como instrumento de expresión e comunicación.

– Valoración da voz como instrumento de expresión e comunicación.

– Atención e interese na identificación do son e as suas cualidades: intensidade, duración e timbre.

ACTIVIDADES:

– Comezaremos a clase cuhna canción de benvida a clase de música e xogaremos coa altura, coa intensidade e coa velocidade.

– Buscarei a participación do nenos con xogos musicais por parellas e en grupos, nos que traballaremos pequenos esquemas rítmicos propostos por min e outros improvisados polos propios nenos.

– Finalmente interpretaremos unha nova peza vocal, e dramatizaremos una audición.

AVALIACIÓN:

– Utiliza-lo corpo como instrumento de expresión, representación e comunicación musical, contribuíndo ó desenrolo da linguaxe musical, ó equilibrio afectivo e á relación cos demais.

– Interpretar obstinatos con percusión corporal diferenciando os diferentes elementos do ritmo.

– Participar activamente aportando ideas ó grupo mantendo unha actitude de interese e respecto.

– Interpretar cancións memorizando letra e melodía.

UNIDADE DIDÁCTICA 2 : A FRAUTA

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 2 de outubro ó 23 de outubro.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñece-la frauta doce, as súas características principais e comeza-lo seu manexo.

– Representar diferentes figuracións musicais a través da percusión corporal e da linguaxe musical.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Coñecer as características e posibilidades sonoras da frauta.

– Diferenciar as partes da frauta e a súa correcta colocación.

– Comezar a toca-la frauta comprendendo as súas posibilidades tímbricas, sonoras e técnicas desenrolando unha disciplina de traballo e estudio independentemente das clases diarias.

– Empregar a percusión corporal como instrumento rítmico, como medio de expresión e comunicación.

– Empregar a linguaxe musical.

– Escoitar a interpretación dun repertorio básico.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– A flauta na orquestra.

– Ficha sobre a frauta.

– Elementos do son: timbre , intensidade, duración e articulación.

– Elementos corporais como instrumentos rítmicos: palmas, peito e pés.

– Técnica instrumental.

– Elementos da linguaxe musical.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Canción sobre as notas musicais.

– Coñecemento da frauta.

– Audición de música clásica.

– Elaboración de esquemas rítmicos cas figuras redonda blanca, negra e corcheas, a través da percusión corporal e da linguaxe musical.

– Execución de exercicios e repertorio con progresivo incremento de notas ata chegar ó coñecemento das dixitacións referidas á escala diatónoca de Do maior nunha octava.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Valoración do corpo como instrumento de expresión e comunicación corporal aceptando a propia imaxe e actitude de deshinibición.

– Interese por aplicar correctamente a técnica da frauta.

– Interese polo coñecemento dos instrumentos da orquestra.

– Conciencia da importancia da escritura e lectura para acceder á información musical.

– Claridade orde e limpeza nos tarballos de escritura musical.

ACTIVIDADES:

– Traballaremos o pulso e as figuras musicales camiñando ó ritmo da música e por medio da escritura musical.

– Comezaremos a coñecela orquestra e onde se atopan as frautas.

– Escoitaremos pezas onde a frauta sexa solista (Mozart, comentaremos algo deste compositor e intérprete).

– Traballaremos a técnica da frauta a través de diferentes exercicios.

AVALIACIÓN:

– Interpretar figuracións musicais con percusión corporal.

– Escribir correctamente no pentagrama as diferentes notas.

– Recoñecer a frauta en diferentes audicións.

– Aplicar con corrección as técnicas básicas que influen no desenvolvimento procedimental da frauta.

UNIDADE DIDACTICA 3 : OS INSTRUMENTOS DA CLASE

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 23 de outubro o 5 de novembro.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Comprender e usar os elementos básicos da notación musical.

– Ir descubrindo os materiais e as propiedades dos distintos instrumentos da clase e comezar a sua utilización de forma correcta con fins expresivos, comunicativos creativos e lúdicos.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Coñecer e practicar a técnica da frauta doce de maneira sinxela, favorecendo una correcta posición corporal, relaxación e coordinación dixital.

– Escribir no pentagrama a ortografía musical, sons da escala de do mayor. Liñas adicionais.

– Coñecer as funcións harmónico-tonais básicas coa axuda do piano.

– Coñecer a sonoridade do instrumental da clase e colocalo na orquestra.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción sobre as notas musicais.

– Elementos da música, notación musical, escala de Do Maior.

– Elementos da linguaxe musical. Liñas adicionais.

– O instrumental escolar.

– Funcións tonais básicas.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Discriminación das funcións harmónico-tonais básicas a través da audición e da interpretación.

– Realización de exercicios da linguaxe musical. Escritura no pentagrama dos son da escala de Do Maior.

– Execución de exercicios e repertorio con progresivo incremento de notas.

– Descubrir os instrumentos da clase.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Interese por aplicar correctamente a técnica da frauta e a súa hixiene e limpeza.

– Conciencia da importancia da escritura e lectura para acceder á información musical.

– Claridade orde e limpeza nos traballos de escritura musical.

– Coidado do material da clase.

ACTIVIDADES:

– Practicaremos ca frauta doce.

– Faremos audición “La Mañana” de Grieg.

– Coñeceremos os diferentes instrumentos da clase, ( instrumentos de percusión).

– Veremos onde van estos instrumentos na orquestra.

– Comezaremos a usalos instrumentos da clase de maneira sinxela (maracas, triángulo, pandereta, etc.).

– Coñeceremos as diferentes funcios tonais básicas a través da audición e da interpretación.

– Faremos lectura e escritura dos sons da escala de Do maior e coñeceremos as liñas adicionais.

AVALIACIÓN:

– Aplicar con corrección as técnicas básicas que influen no desenvolvimento procedimental da frauta.

– Coñecer os diferentes instrumentos da clase.

– Escribir no pentagrama de maneira limpa e ordeada.

– Leer partituras musicais sinxelas.

– Comezar a diferenciar as función tonais básicas.

– Coñecer as liñas adicionais.

UNIDADE DIDÁCTICA 4 : O OUTONO

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 6 de novembro o 19 de novembro.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñecer os silencios musicais.

– Coñecer o instrumental de percusión.

– Ser capaz de expresar e comunicar mensaxes diversas, empregando a interpretación de diferentes instrumentos.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Experimentar distintas manifestacións sonoras relacionadas coa estación do outono.

– Empregar a linguaxe musical e a percusión corporal.

– Experimentar a sonoridade do instrumental de percusión.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– O instrumental de percusión. Familias, posibilidades e técnica instrumental.

– Os silencios musicais.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Audición de música clásica.

– Practicas cos instrumentos de percusión.

– Practicas de linguaxe musical e percusión corporal.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Coidado e limpeza da frauta despois de tocar.

– Valoración do corpo como instrumento de expresión e comunicación corporal aceptando a propia imaxe e actitude de deshinibición.

ACTIVIDADES:

– En primeiro lugar faremos unha audición que nos acerque ó frío do outono (Vivladi e comentaremos algo da vida e obra deste compositor e intérprete).

– Continuaremos traballando o nome das notas sobre o pentagrama e as figuras musicais.

– Veremos os silencios das figuras e notas xa dadas por medio da percusión corporal e do linguaxe musical.

– Traballaremos cos instrumentos, coñecendo as familias os materiais (xilófono, crótalos,etc.) e coa frauta.

AVALIACIÓN:

– Interpretar correctamente, mediante a percusión corporal, os silencios e figuras dadas.

– Escribir con corrección no pentagrama.

– Leer con corrección partituras sinxelas.

– Aplicar con corrección as técnicas básicas dos instrumentos de percusión e da frauta.

– Coñecer as diferentes familias da percusión.

UNIDADE DIDÁCTICA 5 : OS INSTRUMENTOS DE CORDA FROTADA

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 20 de novembro o 4 de decembro.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñecer os instrumentos de corda fortada.

– Confiar nas elaboraciones artísticas propias que afianzan a autoestima, disfrutando na súa elaboración e gozando coa obra realizada.

– Coñecer e empregar os elementos básicos da notación musical.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Traballar o compás de dous pulsos.

– Coñecer os instrumentos de corda frotada visual e auditivamente.

– Coñecer a posición dos instrumentos de corda frotada na orquestra.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción en compás de dous pulsos.

– Familia da corda frotada.

– Ritmo binario en relación á percusión corporal e a linguaxe musical.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Vivenciación do compás binario a través do ritmo e da grafía convencional.

– Vivenciación dos instrumentos de percusión.

– Discriminación auditiva das cualidades do son en instrumentos de corda.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Gusto e disfrute no correcto uso e manexo dos instrumentos, valorando as quendas de silencio.

– Valoración dos instrumentos musicais como elemento imprescindible para a expresión de ideas, sentimentos e fantasías.

– Claridade e pulcritude na escritura de elementos da linguaxe musical.

ACTIVIDADES:

– Audición e presentación dos diferentes instrumentos de corda frotada (violín, viola, cello e contrabaixo)

– Traballaremos a través da percusión corporal, e do linguaxe musical o compás binario.

– Escoitaremos en vivo un dos instrumentos de corda frotada ( violín).

– Faremos audicións dos concertos de Mozart.

– Aprenderemos a colocación da corda frotada na orquesta.

– Tocaremos unha pequeña peza cos instrumentos de percusión, de este modo preparámonos para o festival de Nadal.

AVALIACIÓN:

– Coñecer os instrumentos de corda frotada.

– Coñecer o compás binario.

UNIDADE DIDÁCTICA 6 : O NADAL

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 11 de decembro o 22 de decembro

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñecer e empregar os elementos básicos da notación musical .

– Realizar produccións artísticas de xeito cooperartivo que supoñan papeis diferentes e complementarios para un fin común.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Identificar a música folclórica galega, concretamente a do período de Nadal.

– Traballar o compás de tres pulsos.

– Aprender a liña melódica e os distintos ostinatos rítmico-armónicos, a partir da lectura convencional para a montaxe dunha peza de nadal.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción tradicional.

– Instrumental de percusión: familias e posibilidades.

– Compás ternario.

– Partituras instrumentais.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Discriminación e vivenciación do compás ternario a través da audición, do ritmo e da escritura.

– Montaxe da peza con instrumental de percusión e frauta.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Valoración e interese polo folclore galego do período de Nadal.

– Valoración dos instrumentos musicais como elemento imprescindible para a expresión de ideas, sentimentos e fantasias a través do traballo en conxunto.

– Claridade e pulcritude na escritura de elementos da linguaxe musical.

ACTIVIDADES:

– Traballaremos a partir do ritmo de audicións e da escritura, o compás de tres pulsos.

– Traballaremos conceptos xa vistos coma liñas divisorias, o tempo forte do compás e o pulso, a través dunhas fichas que conteñen esquemas rítmicos.

– Coñeceremos a través de audicións a música folclórica galega do período do Nadal.

– Finalmente empregaremos os instrumentos de percusión e a frauta, para montaxe dunha peza de Nadal.

AVALIACIÓN:

– Escribir con corrección e pulcritude no pentagrama os novos símbolos da linguaxe musical e interiorizando que lugar ocupan os xa vistos.

– Dominar dentro das súas posibilidades a técnica básica dos instrumentos de percusión e da frauta con vista a participar no festival de Nadal.

– Realizar unha producción musical conxunta , atendendo á precisión rítmica e ó turno de execución, coidando a interpretación a nivel técnico e seguindo as indicacións do director, dentro dun contexto como é un festival de Nadal, mostrando unha actitude desinhibida en público (na medida do posible).

UNIDADE DIDÁCTICA 7: A PAZ

TEMPORALIZACIÓN:

3 sesións, do 8 de xaneiro o 24 de xaneiro.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñecer e empregar os elementos básicos da notación musical como medio de expresión, representación e coñecemento de ideas musicais.

– Realizar produccións artísticas de xeito cooperartivo que supoñan papeis diferentes e complementarios para un fin común.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Coñecer e experimentar visual e auditivamente a sonoridade dos instrumentos de teclado (órgano, clave, acordeón e piano).

– Vivenciar o ambente menor na música.

– Aprender a liña melódica e os distintos ostinatos rítmico-armónicos, a partir da lectura convencional.

– Traballar coa frauta.

– Traballar elementos da linguaxe musical a través da práctica instrumental.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Matices de intensidade e simboloxía: pp, p, mf, f, ff e reguladores.

– Instrumentos de teclado.

– O ambente menor na música.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Práctica instrumental, para vivenciar elementos da linguaxe musical.

– Montaxe da peza con voz, frauta e percusión.

– Audicións dos instrumentos de tecla.

– Coñecemento dos instrumentos de tecla.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Valoración do traballo propio e das produccions dos seus compañeiros hacia unha fin común.

– Interese por aplicar correctamente a técnica da frauta e realizar exercicios de linguaxe musical.

– Interese polo coidado e limpeza da frauta doce despois de tocar.

– Reflexionar sobre as actitudes implícitas no dito da canción central.

– Boa disposición para realizar os traballos sobre a paz.

ACTIVIDADES:

– Realizaremos unha canción con temática da paz (9ª Sinfonía de Beethoven, 4º movemento) tanto vocal coma instrumental, e faremos un baile.

– Explicaremos o ambente menor a través de audicións.

– Montaremos o fragmento da Sinfonía cos diferentes instrumentos da aula (percusión, frauta)

– Traballaremos elementos da linguaxe musical coa frauta.

– Faremos unha audición dos diferentes instrumentos de tecla, órgano (Tocata u Fuga en Re menor de Bach), clave ( Concertos de Brandenburgo de Bach) o acordeón (S Froilán, Pepe Vaamonde Grupo) e o piano (Nocturnos de Chopin)

– Estudiaremos, por medio de fichas os diferentes instrumentos de tecla.

– Coñeceremos os diferentes matices de intensidade, a súa simboloxía por medio de fichas e audicións (pp, ff, f, p, crescendo, diminuendo).

AVALIACIÓN:

– Recoñecer os diferentes instrumentos de tecla.

– Discriminar con claridade os elementos que caracterizan o ambente menor e maior na música.

– Reflexionar sobre a mensaxe implícita que aparece reflexada no texto das actividades propostas.

– Aplicar con corrección as técnicas básicas que influen no desenvolvemento procedemental da frauta.

– Recoñecer diferentes matices de intensidade.

UNIDADE DIDÁCTICA 8: O ENTROIDO

TEMPORALIZACIÓN:

3 sesións, do 29 de saneiro o 18 de febrero

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñecer e empregar os elementos básicos da notación musical como medio de expresión, representación e coñecemento de ideas musicais.

– Realizar produccións artísticas de xeito cooperartivo que supoñan papeis diferentes e complementarios para un fin común.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Aprender a liña melódica e os distintos ostinatos rítmico-armónicos, a partir da lectura convencional.

– Coñece-los entroidos máis representativos de Galicia.

– Experimentar a sonoridade musical así coma a producción sonora, a través da construcción de maracas.

– Coñece-los diferentes tipos de voz.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción basada no entroido.

– O entroido como festa pagán galega. Tipoloxía e xeografía do entoido galego.

– Idiófonos de axitación.

– Tipos de voz.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Visualización da xeografía do entroido para o seu debate.

– Interpretación dunha peza coa voz e acompañada por instrumental de percusión.

– Construcción de maracas na clase.

– Coñecelos diferentes tipos de voz.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Interese por aportar novas posibilidades didácticas á clase de música, como alternativa ás propostas polo mestre, traballando así a creatividade e a imaginación.

– Interese polo folclore galego e as súas manifestacións artísticas.

ACTIVIDADES:

– Realizaremos un percorrido sobre o antroido de Galicia.

– Crearemos os nosos propios instrumentos de percusión (botella de auga valdeira de medio litro e lentellas).

– Falaremos dos diferentes tipos de voz, por medio de audicións, (soprano, contralto, tenor e baixo).

– Montaremos unha peza intrumental.

– Finalmente formaremos una charanga coa que iremos participar na festa do festival do entroido.

AVALIACIÓN:

– Interpretar a peza creada para o día do antroido, mostrando interese na execución e na temática á que se refire o texto, atendendo á rítmica e á interválica.

– Aplicar con corrección as técnicas básicas que influen no desenvolvemento procedemental da frauta.

– Interese por crear unha reproducción o máis exacta e variada en canto á sonoridade dos instrumentos de axitación.

– Improvisar na espazo con apoio musical tomando como referente o ritmo e o estado de anímico de ledicia , como acompañamento da peza do antroido.

– Colaborar activamente para coordinar as accións en grupo e obter un producto final conxunto.

– Coñecer os diferentes tipos de voz.

UNIDADE DIDÁCTICA 9 : OS NOSOS VECIÑOS

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 21 de febrero o 4 de marzo

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñece-las manifestacións artísticas máis relevantes do patrimonio cultural, comezando a desenrolar criterios de valoración propios e participando en iniciativas orientadas a súa conservación e mellora.

– Ir descubrindo os materiais e as propiedades dos distintos instrumentos e comezar a sua utilización de forma correcta con fins expresivos, comunicativos creativos e lúdicos.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Aprender a liña melódica e os distintos ostinatos rítmico-armónicos, a partir da lectura convencional.

– Practicar mediante percusión corporal e instrumental actividades propostas e coñecer elementos e instrumentos de percusión populares e étnicos, disfrutando co valor expresivo da música.

– Recrear a través da práctica instrumental o ambente musical propio doutras culturas.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción.

– Instrumental e danzas do folclore galego. Instrumental doutras culturas, khora, caxixe, frauta de pan, pau de chuvia. Visión xeográfica.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Interpretación de cancións folclóricas sudamericanas acompañadas de percusión corporal e baile.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Deshinibición e espontaneidade no movemento e na improvisación instrumental.

– Disfrute coa interpretación de obras instrumentais, respectando as normas de grupo e ó director, controlando a execución e a expresión.

– Valoración dos instrumentos musicais como elemento imprescindible para a expresión de ideas, sentimentos e fantasías.

– Valoración do folclore galego e mundial como legado cultural que debemos conservar e transmitir.

ACTIVIDADES:

– Realizaremos como intoducción un cántico propio da cultura sudamericana.

– Presentaremos o instrumento da gaita acompañado de audición e de danzas.

– Realizaremos conxuntos instrumentais tomando como referencia instrumentos doutras culturas.

– Levaremos a cabo unha danza latinoamericana.

AVALIACIÓN:

– Coñecer as diferentes culturas musicais.

– Respetar e coidar a cultura.

– Boa disposición para coordinar o movemento co dos compañeiros.

UNIDADE DIDÁCTICA 10 : OS INSTRUMENTOS DE VENTO MADEIRA

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 5 marzo o 18 de marzo

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñecelos instrumentos de vento madeira.

– Comprender e usa-los elementos básicos da notación musical, como medio de representación e expresión de ideas musicais.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Traballar ca frauta doce.

– Traballar o compás de catro pulsos a través da percusión corporal e a linguaxe musical.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción

– Compás cuaternario.

– O instrumental de vento metal.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Vivenciacion do compás cuaternario a través do ritmo.

– Realización de exercicios da linguaxe musical.

– Interpretación vocal e instrumental da peza.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Claridade e pulcritude na escritura de elementos da linguaxe musical.

– Interese por aplicar correctamente a técnica da frauta e realizar exercicios de linguaxe musical.

– Interese polo coidado e limpeza da frauta doce despois de tocar.

– Valoración da voz como instrumento de expresión e comunicación.

ACTIVIDADES:

– Iniciaremos a clase vendo o compás de catro pulsos por medio da percusión corporal e da linguaxe musical.

– Traballaremos ca frauta.

– Coñeceremos os instrumentos de vento metal visual e auditivamente, e faremos audicións.

AVALIACIÓN

– Aplicar correctamente a técnica da frauta atendendo á lectura guiada de exercicios de linguaxe musical.

– Adaptar de maneira correcta o ritmo e a duración de figuras musicais.

– Interese por coñecer auditiva e visualmente outros instrumentos de vento metal.

UNIDADE DIDÁCTICA 11 : OS INSTRUMENNTOS DE VENTO METAL

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións do 19 de marzo o 30 de marzo

OBXECTIVOS XERAIS:

– Utiliza-la voz como elemento de expresión musical e empregar as posibilidades sonoras e musicais do propio corpo, afirmando así o esquema corporal e as nocións espacio- temporais.

– Desenrola-las posibilidades do son para representar e expresar ideas, sentimentos e vivenzas en situacións de comunicación e xogo.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Expresarse e comunicarse co empleo da linguaxe musical de maneira espontánea e natural.

– Traballo ca frauta doce.

– Coñecer visual e auditivamente os instrumentos de vento metal.

– Traballar as cualidades do son como a intensidade, a duración e a altura, a través dunha canción que versa sobre a educaciòn vial.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción sobre a educación vial.

– Os instrumentos de vento metal. Tipoloxía. Características. Timbre.

– Os instrumento de vento metal na orquestra.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Interpretación vocal da peza.

– Discriminación auditiva das cualidades do son en audicións de repertorio coñecido polo alumno.

– Vivenciación da figuración e dos matices de intensidade a través de audicións.

– Vivenciación da sonoridade dos diferentes instrumentos de vento metal.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Interese por aplicar correctamente a técnica da frauta e realizar exercicios de linguaxe musical.

– Interese polo coidado e limpeza da frauta doce despois de tocar.

– Interese polo coñecemento dos instrumentos vento metal.

ACTIVIDADES:

– Iniciaremos a sesión cunha peza vocal que fai referencia á educación viaria.

– Coñeceremos os instrumentos de vento metal a través de audicións e fichas.

– Coñeceremos a posición que ocupan estes instrumentos na orquestra.

– Faremos audicións e ficha e lectura musical para traballar os matices de intensidade.

AVALIACIÓN:

– Recoñecer os matices de intensidade.

– Interese mostrado polo discente a cerca do coidado vial que debe ter no tránsito como peón.

– Recoñecer os instrumentos de vento metal.

– Aplicar correctamente a técnica da frauta atendendo á lectura guiada de exercicios de linguaxe musical.

UNIDADE DIDÁCTICA 12: AS PLICAS

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións de 10 de abril o 22 de abril.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Desenrola-las posibilidades do son, a imaxe, o xesto e o movemento para representar e expresar ideas, sentimentos e vivenzas en situacións de comunicación e xogo.

– Coñece-las manifestacións artísticas máis relevantes do patrimonio cultural, comezando a desenrolar criterios de valoración propios e participando en iniciativas orientadas a súa conservación e mellora.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Traballar a colocación das plicas no pentagrama musical.

– Afianzar e continuar o traballo na frauta doce.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción: letra e dramatización.

– Os matices de agóxica: Rápido, moderado e lento.

– As plicas e a súa colocación no pentagrama.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Exploración e manipulación das posibilidades sonoras e expresivas da voz como medio expresivo e para traballar de forma globalizada, elementos da linguaxe musical.

– Interpretación vocal da peza central acompañada de percusión corporal e instrumentos de percusión.

– Discriminación auditiva das cualidades do son en audicións de repertorio coñecido polo alumno.

– Realización de exercicios vocais que incidan na emision e producción da voz ( respiración, articulación, resonancia e entoación)

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Disfrute coa interpretación de obras instrumentais, respectando as normas de grupo e ó director, controlando a exucución e a expresión.

– Conciencia da importancia da escritura e lectura para acceder á información musical.

– Interese pola apertura á utilización de novos símbolos musicais, como elementos enriquecedores da capacidade expresiva e comunicativa da música.

ACTIVIDADES:

– En primeiro lugar cantaremos unha peza que fai referencia á imaxinación. Diferenciaremos so matices de agóxica e repasaremos os de intensidade a través de audicións e de percusión corporal.

– Interpretaremos unha peza no instrumental de placas acompañada con percusión corporal.

AVALIACIÓN:

– Aplicar correctamente a técnica da frauta atendendo á lectura guiada de exercicios de linguaxe musical, en forma de pezas instrumentais.

– Interpretar correctamente, mediante a expresión vocal, exercicios de entoación.

– Interese mostrado polo alumnado a cerca das pezas de corte tradicional como elementos propios do folclore que debemos preservar e transmitir.

– Mostra atención e interese na audición de diferentes xéneros musicais, como medio discriminativo e vivencial dos matices de intensidade e de agóxica.

UNIDADE DIDÁCTICA 13: AS LETRAS GALEGAS

TEMPORALIZACIÓN:

3 sesións, do 23 de abril o 13 de maio.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñece-las manifestacións artísticas máis relevantes do patrimonio cultural, comezando a desenrolar criterios de valoración propios e participando en iniciativas orientadas a súa conservación e mellora.

– Confiar nas elaboraciones artísticas propias que afianzan a autoestima, disfrutando na súa elaboración e gozando coa obra realizada.

– Colaborar de forma responsable cos demáis membros do grupo na planificación e realización de produccións artísticas, buscando xuntos os procedimentos máis axeitados.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Coñecer a regheifa como elemento musical e literario propio do folclore galego.

– Traballar elementos ritmico-melódicos a través da construcción improvisada de versos octosílabos.

– Utiliza-la voz como intrumento melódico principal como medio de expresión e comprensión da linguaxe musical.

– Coñecer as posibilidades sonoras do Didjeridoo.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción: letra e dramatización.

– A grafía non convencional (basada en soportes graficos) como medio de expresión e comunicación.

– Instrumentos doutras culturas, o Didjeridoo

– A poesía en aplicación á clase de música. Rima e métrica das coplas.

– A Regheifa como elemento diferenciador do noso folclore.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Exploración e manipulación das posibilidades sonoras e expresivas da voz como medio expresivo e para traballar de forma globalizada, elementos da linguaxe musical.

– Improvisación e experimentación de motivos, frases e pequenas formas rítmicas e melódicas con instrumentos de percusión e voz na musicalización de historias e lendas basadas en partituras non convencionais.

– Audición de instrumental étnico con fins discriminativos atendendo ás características da producción sonora.

– Interpretación de coreografías axustando o movemento musical ó ritmo, á forma e cuadratura.

– Construcción en gran grupo de regheifas, tomando como referencia a rima das coplas de autores galegos.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Boa disposición por realizar traballos en base ó dia das letras galegas.

– Valoración positiva das novas tecnoloxías como aceleradoras do proceso de comunicación e aprendizaje.

– Interese polo coñecemento dos instrumentos musicais escolares, tradicionais e doutras culturas.

– Valoración das formas de expresión musical do noso e doutros folclores.

ACTIVIDADES:

– Interpretaremos unha peza vocal con acompañamento de movemento dramático e xestual.

– Veremos de novo un pouco máis a fondo exemplos de instrumentos étnicos.

– Afondaremos no mundo da copola popular por medio da regheifa e moverémonos ó ritmo dunha coreografía inventada, tomando como base unha peza popular portuguesa.

AVALIACIÓN:

– Interpretar unha canción de temática infantil procurando aspectos expresivos indicados pola letra creando un acompañamento de movemento dramático e mantendo a pulsación interior.

– Respetar os turnos de tocar en actitude de silencio e escoita dos compañeiros, en situacións de lectura musical, tomando como base as partituras non convencionais.

– Improvisar verbalmente coplas musicais basadas na regheifa, atendendo á rima, á metrica e á cuadratura.

– Adaptar e sincronizar, na medida do posible, os movementos coreográficos á musica, atendendo a elementos rítmico-melódicos e formais, coidando a sensibilidade estética ante as produccións corporais propias e alleas, valorando os elementos innovadores das mesmas.

UNIDADE DIDÁCTICA 14: A VOZ

TEMPORALIZACIÓN:

2 sesións, do 21 maio o de xuño.

OBXECTIVOS XERAIS:

– Coñece-las manifestacións artísticas máis relevantes do patrimonio cultural, comezando a desenrolar criterios de valoración propios e participando en iniciativas orientadas a súa conservación e mellora.

– Comprender e usar os elementos básicos da notación musical, como medio de representación e expresión de ideas musicais propias e alleas.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Interpretar mediante a voz exercicios de introducción ó canto homofónico.

– Utiliza-la voz e o corpo como instrumento de comunicación e representacióndas función harmónico-tonais.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Funcións armónico-tonais; continuación: Inicio de exercicios de entoación como base á homofonía.

– O acorde triada. A textura vertical homofónica.

– A ligadura de duración.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Interpretación por grupos de exercicios de entoación acompañados do piano.

– Montaxe da peza a través do instrumental escolar.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Interese polo coidado e limpeza da frauta doce despois do tempo de tocar.

– Disfrute coa producción vocal e instrumental como medio de formación, información e recepción do legado cultural.

– Interese pola apertura á utilización de novos símbolos musicais, como elementos enriquecedores da capacidade expresiva e comunicativa da música.

ACTIVIDADES:

– Principalmente esta unidade séra destinada ó inicio do tratamento vocal hómofónico, donde se experimenten e vivencien de forma grupal o concepto de sons simultáneos, acorde e canto a voces

– Montaremos unha peza tradicional galega para voz, instrumental escolar e frauta. Traballaremos coa frauta.

AVALIACIÓN:

– Entoar exercicios de textura homofónica, atendendo á posición que ocupa a man do director en relación ó esquema corporal, como indicativo da altura sonora e da interválica.

– Aplicar correctamente a técnica da frauta atendendo á lectura guiada de exercicios de linguaxe musical, concretamente á execucion correcta do puntiño sobre a branca.

UNIDADE DIDÁCTICA 15 : CHEGOU O VERÁN

TEMPORALIZACIÓN:

3 sesións (4 xuño-22 xuño)

OBXECTIVOS XERAIS:

– Realizar produccións artísticas de xeito cooperativo que supoñan papeis diferentes e complementarios para un fin común, utilizando non só a linguaxe verbal, si non formas básicas e técnicas específicas das distintas linguaxes artísticas.

– Confiar nas elaboraciones artísticas propias que afianzan a autoestima, disfrutando na súa elaboración e gozando coa obra realizada.

– Afianzar os contidos esencias básicos vistos durante o curso, mediante actividades que desenrolen o xogo e a creatividade dos nenos.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

– Interpretar unha peza vocal con percusión corporal para o seu acompañamento.

– Preparar a nivel musical e a nivel dramático a representación dun musical en conxunto.

– Realizar un xogo de taboleiro grupal para afianzar os contidos musicais básicos vistos no curso.

– Repasar a través da audición os conceptos de velocidade e intensidade.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

– Canción: letra e dramatización.

– A gradación nos termos de agóxica.

– O musical.Características. Vestiario e atrezzo.

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS:

– Realización de ostinatos con percusión corporal (palmas, peito, muslos e pés), para o acompañamento da peza central.

– Vivenciación do accelerando musical a través da audición activa.

– Preparación, desenrolo e perfeccionamento dunha coreografía para a montaxe dun musical como actividade de fin de curso.

– Realización dun pasatempo musical con vistas ó afianzamento dos conceptos vistos no curso.

CONTIDOS ACTITUDINAIS:

– Valoración da voz como instrumento de expresión artística e como medio para a adquisición e desenrolo de elementos da linguaxe musical.

– Valoración da colaboración no seo do grupo para acadar un producto final, respetando as normas de actuación.

– Interese por aportar novas posibilidades didácticas á clase de música, como alternativa ás propostas polo mestre, traballando así a creatividade e a imaxinación.

– Valoración do corpo como instrumento de expresión e comunicación corporal aceptando a propia imaxe e actitude de deshinibición.

– Boa disposición para coordinar o movemento co dos compañeiros na creación de movemento musical, danzas e coreografías.

ACTIVIDADES:

– Veremos unha peza vocal para acompañar con percusión corporal.

– Vivenciaremos a intensidade e a velocidade na música, a través da audición e da práctica instrumental.

– Xogaremos a un xogo de taboleiro chamado O Gran Prix Musical.

– Prepararemos un musical para interpretar no festival de fin de curso.

AVALIACIÓN:

– Colaborar de forma responsable cos demáis membros do grupo na planificación e realización de produccións artísticas, mantendo unha actitude de respecto, e atendendo á linguaxe e á forma musical, buscando en todo momento a coordinación musical e plasticidade de movementos.

– Colaborar activamente en actividades expresivas de afianzamento e de xogo, propoñendo temas, respectando as normas establecidas polo grupo, realizando as tarefas encomendadas e buscando solucións grupais e individuais en base á expresión vocal, instumental e rítmica e de movemento.

10. AVALIACIÓN

A avaliación é un proceso formativo para o educador, constitúe un elemento fundamental na práctica educativa, porque permite recoller información que será empregada para modificar aspectos que axudarán a mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Según o establecido na Orden do 23 de Novembro do 2007, pola que se regula a avaliación da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, a avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua, global, formativa e integradora, e terá en conta o seu progreso no conxunto de todas as áreas do currículo.

O Decreto 130/2007 do 28 de Xuño establece os criterios de avaliación do segundo ciclo para a área de música que son:

· Identificar e describir as características de elementos presentes no contorno e as sensacións que as obras artísticas provocan, sinalando algunhas das estratexias plásticas e musicais que usaron as creadoras e os creadores das obras.

Quérese comprobar con este criterio se as nenas e os nenos son capaces de amosar os coñecementos adquiridos na observación por medio de descricións e de informacións relevantes sobre elementos da linguaxe visual e musical presentes nas manifestacións artísticas e no contorno. Observarase se saben expresar oralmente as súas apreciacións persoais sobre o feito artístico e se son quen de descubrir semellanzas e diferenzas entre esas manifestacións artísticas e as sensacións, impresións, sentimentos, etc, que lles provocan.

· Usar axeitadamente algúns dos termos propios da linguaxe plástica e musical en contextos precisos, intercambios comunicativos, descrición de procesos e argumentacións.

Trátase de comprobar se o alumnado incorporou algúns dos termos técnicos propios das linguaxes artísticas nas súas explicacións e descricións, se os emprega nas situacións apropiadas e se traslada eses coñecementos a outros contextos nos cales lle poden ser útiles. Comprobarase, pois, se identifica e verbaliza, cunha terminoloxía o máis adecuada posible, as posibilidades plásticas, sonoras e corporais que usan as artistas e os artistas e os medios de comunicación.

· Utilizar distintos recursos gráficos durante a audición dunha peza musical.
Este criterio permite avaliar se as rapazas e os rapaces son capaces de establecer unha relación entre o que oen e o representado en musicogramas ou partituras sinxelas con distintos tipos de grafías, así como se son quen de representar graficamente (mediante debuxos ou empregando signos gráficos que coñecen ou inventan) os trazos característicos da música escoitada.

· Memorizar e interpretar un repertorio básico de cancións, de pezas instrumentais e de danzas relacionadas cos seus intereses individuais e colectivos.

A través deste criterio preténdese valorar en que medida o alumnado ten memorizada e é capaz de recordar algunha das cancións, pezas instrumentais e danzas aprendidas por imitación no contexto da aula, interpretándoas con desinhibición e amosando progresiva responsabilidade para favorecer a dinámica de traballo cooperativo na aula.

· Explorar estruturas musicais e seleccionar e combinar ideas musicais dentro de estruturas sinxelas entre varias dadas.

Con este criterio téntase valorar se son capaces de seguir un proceso (planificar, producir, revisar) o máis ordenado posible e se son quen de utilizar criterios axeitados para crear unha peza musical sinxela a partir da selección, combinación e organización dunha serie de elementos dados previamente, coñecidos e/ou manexados.

Valorarase tamén a capacidade creativa do alumnado para dar solucións orixinais que se afasten o máis posible de estereotipos.

· Interpretar e compartir con compañeiras e compañeiros o contido de imaxes presentes no contorno.

Comprobarase se o alumnado pode explicar a información que conteñen os sinais, os signos, os símbolos e as imaxes máis habituais no seu medio, e se é quen de usar esas interpretacións na produción de mensaxes propias que transmitan unha información básica do contorno, compartindo coas compañeiras e cos compañeiros os significados.

· Clasificar texturas, formas, calidades e cores atendendo a criterios de similitude ou diferenza.

Trátase de comprobar se na observación e manipulación de materiais, de obxectos, de instrumentos… obtiveron datos abondos para establecer algunha pauta sobre as súas características; se poden especificalas, comentalas e organizar clasificacións elementais, ben sexa por semellanza, ben por oposición ou diferenza.

· Empregar instrumentos, técnicas e materias axeitados ao produto artístico que se pretende.

Con este criterio quérese verificar se as alumnas e os alumnos son capaces de servirse dos datos obtidos na exploración de instrumentos, de técnicas e de materiais para realizar en nunha obra persoal, non estereotipada. Valorarase a diversidade de solucións dadas en diferentes contextos, a variedade de soportes empregados e a orixinalidade no uso dos materiais, así como a intencionalidade en función da persoa destinataria.

· Amosar respecto e responsabilidade no traballo individual e colectivo con actividades plásticas e musicais.

Avaliarase a capacidade do alumnado para participar en diferentes tipos de traballo de aula e de centro relacionados coa educación artística.

Interesa coñecer, tamén, o seu grao de compromiso nas actividades colectivas e de respecto ante as contribucións das demais persoas.

· Identificar manifestacións artísticas propias de Galicia.
Avaliarase se o alumnado é quen de recoñecer algunhas manifestacións típicas do patrimonio cultural e artístico galego.

11. BIBLIOGRAFÍA

· PIAGET, J.; INHELDER, B.: Psicología del niño. Editorial: Morata.

· Blanco, J. A. Prgramación globalizada de la educación artística, Editorial: La Muralla. Madrid 1995.

· Pascual Mejía, Pilar. Didáctica da la Música.

· Revista Eufonía nº 1. Editorial: Grao Barcelona, 1995.

· Revista Música y Educación, números 2, 5, 6, 7, 8, 13, 15 y 16.

ENLACES WEB:

· www. profesores. net

· www. psopedagogía. com

· www. escuela del tomillar. com



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.